ROTAS d Rosa castro
Atopei un anuncio na rua que dicia:
presenta ROTAS de Rosa Castro con Mela casal Gloria Ferreiro
dirección e escenografía Xabier Picallo
un feixe de letras miudas que non acadei leer i abaixo Betanzos - Teatro Liceo Data:13 de marzo de 2009 - hora: 20:00 Organiza:Asociación d la Prensa de la Coruña Diputacion de A coruña i o Concello de Betanzos.
Pola parte de atras tiña un texto que volo vou escribir completo, sin perder detalle:
ROTAS
Rotas e un alegato contra a chamada violencia de xénero e unha denuncia contra a tortura e o asasinato que sofren as mulleres:Nesta nova produccion de Pifano Teatro a dramatización está posta ó servizo dun debate posterior sobre este autentico drama social que parece non ter fin, e que corre o risco de ser asumido pola sociedade como algo normal.A fame, a miseria,as guerras e a totura e o asasinato das mullers tanto primeiro como no terceiro mundo, existen e poderan ter fin en tanto sigamos denunciandoe loitando por educar na igualdade e no respeto.
Pifano Teatro , tenta aportar con esta posta en escena unha nova via de participacion e concienciacion a sociedade , mediante a vida de duas mulleres de distinta condicion social unidas polo medo a vergonza e o desamparo .As suas historias son tan desgraciadamente frecuentes que nin siquera merecen media columna nun xornal, para iso, para ter presenza nun xornal tes que morrer, teñen que matarte ou case.
Nesta proposta pretendese unha participacion activa do publico e o debate posterior a representacion teatral esta participado e moderado por unha psicologa e unha abogada con amplia experienza en atencion as mulleres e as victimas da violencia de xenero.
ficha tecnica
titulo:rotas
Texto: Rosa Castro
Direccion Xavier Picallo
Actrice:Mela casal e Gloria Ferreiro
Mesa de debate
Pois as oito da tarde ali me presentei cunha chea de xente...niguen lle interesa o tema?Preguntabame cada duas frases das actrices...NOn lles debe interesar cando viñeron 4 gatos , ou e que aqui non hai mulleres maltratadas ...nin homes!!!!!que sorte de villa!!!!
cando comenzou a obra puxeronseme os pelos como toxo,estaba a vivir tants e tantas pasaxes da miña vida e de outras vidas.A miña cachola estoupaba porque sabian de que estaban a falar.A muller que lle di á outra ti non levaches nin unha ostia? non mo creo , e o normal...
pero que e o normal da violencia? o normal
E daste conta cantas mullers estan anuladas sen apoio afectivo, cantas son i estan soas porque non saben demostrar os sentimentos que unha vz tiveron e lle diron a entender que iso non se fai porque pra que valen, pra ren.A cantidade de mulleres que se plantexan na parella que e o normal nela...ostias?, malos rollos, malas miradas, funjadas, morros e dmais?e cantas veces estivo ca sua xente i el morrendo de dor por non podela coller polos ollos e rifar porque ela era del i non tiña porque ser nada mais que uhn cacho carne con patas cun furado pra desfogar.
cantas mulleres neceitan tempo pra olvidar i acostumarse a un campo afectivo donde non son risas do seu corpo, nin dos seus sentimentos, nin de toda ela en si.Cantas de todas elas non din ren a ninguen pola vergoña do credito que se lles pode dar, da fama que poden ter a partir de xa, dos berros da sociedade onde por ser lareta queda soa, pero ren ten que perder porque soa, cun maltratador , soa esta i estara sempre.MOitas rematan saindo da tortura polo seu propio pe pero outras inda que semellen fortes, inda que se fagan as valentes, esnaquizan en choros ca almofada sin que ninguen as vexan, esnaquizan en mil anacos cando hai un berro, esaquizan cando alguen lles vai dar unha aperta i elas interpretan un pau no lombo i apartan antes de que se acheguen...
cantas de todas esas mulleres que unha vez levaron unha ostia levantaron a sua voz e dixeron basta , aqui rematou o conto?Poucas, muy pouca porque ninguen quere estar so, nigunha quere ser asinada coma a victima i outras van morrendo pra que se lles faga caso si ou si.Cantas de todas as mulleres que dina estar maltratadas fan un pandeiro da sua vida importandolle ren o que pensen os mais? Muy poucas, tan poucas como se afastan dos mais facendo o seu propio mundo cheo de beizos pechados, surisa tortas, sapoconchos devidrio,apertas floxas,camiños de vagaxe en soidade lonxe da realidade i moito moito medo.
A muller maltratada non busca un home pra casarse nunha semana porque a sua ex parella vai casar dentro de 5 meses i tolea polo primeiro que se lle aparece diante i aproveita todos e cada un dos momentos pra poñelo a pan pedir i facer toleadas contra outras mulleres porque son merda cando na sua testa a merda e ela inda que non o recoñeza.
A muller maltratada queda soa , sen amizades, porque el lle impide ser una persoa que se relacione, ben por celos, ben por intereses propios ben polo que sexa...i cando afasta do maltratador esta soa i sintese soa i culpase de non haber estado mais tempo cas suas amizades, pero...eran realmente amizades? o que e amigo inda na lonxania, segue sendo amigo i fai o posibel por buscar a compaña do ser querido pra votarlle unha man.
Hai familias e familias, as que saben do conto, as que non saben, as que imaxinan que algo hai, as quenin se lles pasa polos miolos, as que nin tola pode pasar eso na miña familia, as que a culpable es ti, as que sufren en silencio como cas hemorroides o que diran si na miña familia houbese iso...etc etc etc...cada persoa e un mundo e os clans familiares outros mundos a parte. Magoa da muller que enriba de levalas todolos dias teña que escoitar da familia: COMO SIGAS CON ESE HOME A MIN NON TE ME VEÑAS CHORAR,ou aquela que teña que ecoitar cousas como : "seica ti es parva, inda debias de levar mais"..."elojo? seica vaste poñer asi por unha ostia, a que mais a que menos levaas e cala""non veño eu que mal che fai unha ostia, tes que aprender a tratalo ben"..."seica ti tas parva ou que!porque tes un ollo nejro vaste averjonzar!pon unhas jafas e ninjien te ve!"...non tes riaños a deixalo? pois jodete"...os homes son os que levan os pantalons, ti que vas facer, eh, buscar outro? andar a xaneira pra atopar outro?...
Istas e moitas mais palabras podelas atopar en m,oitas familias o mesmo que cando abandoas as zoupadas de todolos dias porque te afastaas del ou porque esta na cadea , ou porque marchou prometendolle a outra os mil amores, que vaia que vaia que outra o ature ,i das familias tes lindezas do tipo de :
" ca casa boa que tiñas..."" co bon rapaz que era, claro ti, con tal de andar libre pra facelo que queiras..." "mira ela...sejuro que vas quedar de vaca seca, sin ren , tiñas casa coche i el te mantiña"," ajora vas andar detras doutro coma unha cadela ..." i lindeces parecidas.
tiven a sorte de ter un pai exemplar i unha nai mais preocupada de estar todos xuntos i todos ben que de facer unha carreira, pais comko ninguns , pais que me diron ata donde puideron i manteron os resto da familia, porque uns tiñan moitos fillos pobriños ( que puxeran un tapon ou se bañaran mais en auga fria) i outros non lles ia nada ben a vida porque elixiron bo camiño pero o destino non se portoutodo o ben que debia. Na miña casa non habia violencia pero si na dalguns veciños que hoxe din que era na miña por vergoña a seren criticados.
meu pai nunca levou cintiron, polo que imposible darnos con el como non fora de pensamento, porque as veces ...inda nos portabamos ben mal, case que eramos o demo.Na casa do lado os tenedores corrian espetandose nas portas i quedaban dous ou tres dias ali porque ninguen era capas de quitalo, non pola forza, senon polo medo.Na nosa casa as vacas eran animais, pero tiñan sentimentos, dabanos unha lametada si lles dabamos herba i as munxiamos i todos tiñamos un suriso cando isto pasaba, namentras que na casa do lado, cando munxian as vcas o home cravaba o aguillon da vara nas costas da muller porque alguien , segun el, lle dicia que lle andaba con outros.o fillo mais novo chegounoa dicir tamen, porque nn lle deixaba facelo que el queria( habia que pecharlle os muebles con chave pra que non fora o viño nin a caña) na miña casa se habia que berrar berrabase , cun aturuxo, na outra , na outra,...berraban dia e noite, cajabanse no sol na lua nas flores , en nais pais e demais familiares ,semellaban esquelas...i esquelas mais dunha vez parecia que ia haber .
Un pai maltratador non lle fai favor os fillos, inda que si e importante ter un pai e unha nai , o que mexe fora do caldeiro non pode estar o cargo dos cativos pra ensinarlles porque na maioria dos casos non nos damos conta do curriculum oculto que lles amosamos....que sorte tiveron algunhas de non ter fillos , de canto se ilibraron!- e diredes , pero que coño e iso do curriculu oculto!!Pois todolos xestos ,miradas, imaxes en si de todo canto fai un pai e unha nai a diario mentrras esta o cativo diante. Ninguen se rcorda cando se fixo mal i estase agardando na mesa a que che poñan a comida diante i mirabas a papa i non perdias de vista a mama por saber si lle dixera algo? e cun so xesto deles xa sabias cando che ian explicar si eso estaba ben ou non, si ibas levar un responso ou un rosario, as labazadas nonas habia , pero contabas con elas, como no lado si as habia ...por si acaso!!!!!!!!!!!
I o que mais me deixou abraiada, foi o comentario de que hai moitos anos, ainda que non tantos ...a muller ia poñela denuncia ..preguntabanlle " evostede que fixo?" ou..."e vostede de onde viña" como que fixen ou que de onde viña..cadanseu o seu,ninguen e propiedade de ninguen, ten que haber respeto educacion i boas palabras inda en momentos de cabreo estoupado...ou naquels epocas nas que a muller ia pola denuncia i cando chegaba a casa sinpoñela porque lles aconsellaban consultalo coa almofada denantes de cometer unha toleada...xa o home estaba aagardando por ela pra felicitala cun pau no lombo por lareta.
Si cando digo que os lobos van en manada e roen e calan non minto!!
COIDO QUE ISTO PODE POR EN CONTRA A MOITOS I FALAR A MOITS MULLERES , PERO A VIDA E UNHA DE CAL IOUTRA DE AREA.
querendo que fose do voso agrado este artigo, pasen bo dia i respeten, non se pide mais que respeto i , sinon estas dacordo...carretera...porta i ata outro dia, mes ano...ata nunca? pois ata nunca!!!!!!!!!!




Comentarios sobre ROTAS d Rosa castro